Xénese
(*)
1. Nun principio creou Deus a música e o baile.
2. Agora ben, resultaba que a música se atopaba sen forma
e deserta e había escuridade sobre a superficie da profundidade
das ondas; e a forza activa do baile movíase dun lado a outro
sobre a superficie das rúas.
3.Deus otorgoulle a un discípulo seu o poder de mixturar
os ritmos e os sons cas súas mans.
4. Entón, Deus entregoulle ó seu discípulo
a Santísima Mesa, os Santos Platos e os Divinos Samples,
e pasou a chamarlle San Dj.
5. E Deus procedeu a dicir: "Chegue a haber Hip Hop".
Entón, chegou a haber Hip Hop.
6. Despois diso, Deus viu que o Hip Hop era bó, e efectuou
Deus unha división dentro do Hip Hop.
7. Deus comezou a chamar á música Rap, pero ó
baile chamouno Break. E chegou a haber Graffiti e chegou a haber
Beat Box, un día primeiro.
8. E Deus pasou a dicir: "Chegue a haber unha expansión";
e houbo unha expansión. Dende o subterráneo ata a
superficie, comezando polas cidades e chegando a tódolos
rincóns da terra.
9. Deus estaba satisfeito, pero pasado un longo tempo, a ideoloxía
do Hip Hop foi malinterpretada pola xente, facendo que un movemento
creado para unir, cumplira a función contraria entre os seus
membros: separalos entre si.
10. O Hip Hop estaba convertíndose nunha competición,
incluso nun enfrontamento agresivo e as veces violento entre crews
e entre os seus respectivos integrantes.
11. Isto fixo que a ira medrara en Deus dun xeito tal que o levou
a crear unha Crew no seu nome, co obxectivo de predicar a verdadeira
doctrina da súa creación.
12. Catro foron os elexidos para formar a Crew, enviados por Deus
a un recóndito pobo perdido nunha lonxana terra chamada nalgún
tempo Gallaecia.
13. Ó Irmán JamásPuah, ó Irmán
Sokram, ó Irmán Mou e ó Irmán García
foronselles entregados Os Santos Micros. Pisaron chan na terra dun
pobo chamado Ordes e dende alí estenderon a palabra de Deus
en forma de Rap, Graffiti, Break e Beat Box.
14. Nacera a "Dios Ke Te Crew".
HHz: Bueno, sinto non ser moi orixinal...¿De onde vides?
¿Como chegachedes a isto?
SOKRAM: Mou Fala.
MOU: Eu empecei a escoitar a movida esta por meu
irman e os seus coleguillas...Un colega trouxo unhas cintas de Londres
e nada, así comecei a meterme no hip hop, escoitando o Rap
que conseguía meu irmán, eu dakela era un moi chinorro
pero flipaba con todo o ke escoitaba, e pouco a pouco fun metendome
máis e máis…
HHz: Unha cousa leva a outra...
SOKRAM: Claro. Nos empezamos co roio, empezamos
cos 5 Talegos e despois...como dicilo... ¡Estou moi morado!
GANJA POWER!!
(Risas)
SOKRAM: Cada un empeza... ¡a saber con que!.
Escoitas cousas que che molan e vaste metendo no roio. Aqui en Ordes
empezamos catro...estaba o irmán do Mou e os colegas, que
lles molaba a movida, escoitaban rap e bailaban break…e por
ahi empezou a historia, digamos ke foron eles os primeiros ke se
lles dous por ahí akí en Ordes, despois eles evolucionaron
por outros lados e nós seguimos.
Despois aqui o Garcia é o irmán de Freddy, de 5 Talegos,
enton dende enano sempre estibo kn nos, nos nosos ensaios.
GARCIA: ¡Me liaron!
MOU: ¡Teño unha grabacion tio que
flipas! O chaval ahi cunha voz de chorbin ...Fai mazo eh! (Risas)
SOKRAM/GARCIA: En ordes solo eramos nos. Catro
gatos
HHz: ¿Os de sempre non?
SOKRAM: Si, despois éste (García)
coñeceu o JamasPuah! e viñan os dous garito. No “Kortello”,
onde ensaiabamos antes, que era unha corte de porcos. (Risas) Tiña
duas divisions e nunha estabamos nós e noutra o Dj, o Murdock.
E iamos a ensaiar...iso era polo 97 cando fomos pali. Despois estes(Jamaica
e García) formaron Ghamberros.
MOU: ¿E como se chamaba? (Risas)
GARCIA: Da igual da igual deixa...
MOU: Dillo ahi, dillo ahi...
SOKRAM: E pouco a pouco vas coñecendo peña...
E agora xa estamos con todolos de Dios ke te Crew
HHz: ¿E os primeiros concertos e grabacións?
SOKRAM: O primeiro concerto, de 5talegos, o primeiro
primeiro, foi nun garaxe, e sen permiso. Que un tio ke nos coñecia
dixo "pois facedes o concerto ali". E nada, nos metemos
ali, chamamos a todo deus... Cos altavoces de duas cadenas...unha
mesa de mezclas...
MOU: Era punky o roio!
SOKRAM: E cantamos tres cancions, chegou o irmán
mayor do notas e nos chimpou a todos fora… ala!!! todos a
tomar polo cú, a facer rap á casa de cristo!!
DKTC: (Risas)
Os talegos, empezamos a xuntarnos no instituto, o típico,
eu e Murdock eramos colegas dende enanos, e os dous flipábamos
co Rap, alí coñecemos a Fredy, e comezamos a xuntarnos
na casa do Murdock, ke conseguira unha mesa de mezclas e dous platos
de cadena, con iso comezamos a practicar, Murdock cas agullas e
nos co micro e o boli, e pouco a pouco foron saíndo cousas.
Pouco máis tarde entraron no grupo Paco(baixista) e Siño(mc),
ahí foi cando demos en chamarnos 5talegos, o nome viña
de ke nos xuntabamos nunha obra(Xanadú) tódolos venres
para fumalos yois, bebelas estrelas e facer friestailes cun loro
e pillábamos cada un 1talego de costo, eramos 5 e tocaba
a un talego cada un, 5talegos, de ahí ven o nome. Despois
o Paco deixou o grupo, pois a él tiraballe máis o
jazz e viase un pouco limitado, e foi ahí cando entrou Mou
e volvemos a ser 5, 5Talegos.
Con 5Talegos, en Galicia, tocamos en mogollón de sitios...
Debutamos na Nasa e a partir de ahí saíronnos un lote
de datas. Dende o 97 ata o 2003 ke o deixamos, o ke fixemos foi
dar concertos, pillarnos algo de ekipo co ke gañábamos,
ensaiar e dar concertos. Gravamos algunhas movidas, dous temas ke
están incluidos en dous recopolatorios distintos(“Revolta
Sonora” e “Mixtura”), concertos, e algúns
temas ke rulan por ahí, , a verdade é ke é
unha pena non ter akeles temas gravados ben.
HHz: ¿Quen forma actualmente DKTC?
SOKRAM: Pois todos os que estamos aqui somos da
crew. O roio da crew naceu un pouco de que nos chamaron os 5 Talegos
e os Ghamberros a tocar no Festigal 2003 e ahí foi cando
se nos ocorreu a historia. Ir como Dios ke te Crew, unirnos os dos
grupos e formar a crew. Dios ke te crew digamos ke e a crew de dios.
Do deus hip-hop. E de ahi ven a historia.
GARCIA: O dios que nos criou sabes. Se el non existira
ti non estarias aqui sabes...
MOU: Dios ke te Crew e maila nai que te pariu!
TODOS: (Risas)
SOKRAM: Na crew a idea é xuntar todas as
vertentes artisticas do hip-hop e se plantea como un colectivo.
A crew esta aberta a calqueira que este de acordo con nos, ca nosa
visión do hip hop.
MOU: Se che mola e queres facer algo...
SOKRAM: Se estas en DKTC e porque ten uns intereses
na movida. Se trata de facer o que se poida na medida das posibilidades
de cada un. Se podes vir un dia a semana, pois iso. E un pouco na
medida de todos. A maioria da peña é de Ordes pero
tamen hai peña de Santiago, Vilagarcia, Coruña...
e os ke veñan despois…
GARCIA: Por exemplo, agora hay un chaval aqui que
pinta que se chama Kerg, pegalle guay, e como viamos ke lle molaba
o roio pois dixemoslle de entrar na crew, a él pareceulle
ben, e ahí está conosco… e todos contentos.
MOU: Chavaliños, xente que queira... Nos
lle dicimos "Imos tocar ali...¿queres vir pintar, subir
o escenario e tal?" Mola pa que sigan...
HHz: ¿Ir sacando a peña un pouco non?
SOKRAM: Claro, o roio da crew tamen e ese. Digamos
ke DKTC, a parte rap, somos nos os catro(Mou, Jamaspuah!, García
e Sokram), que estamos ahi porke surxiu de nos a idea. Pero mais
pa diante, quen sabe? hai xente ke tamen rapea e que o curra. É
facer cousas.
HHz: Se se xunta toda esa xente ten moita mas forza a hora
de mover as cousas.
SOKRAM: Claro, é unir, e igual pa mais
adiante está rapeando con nos o Fredy, o Siño, Aiser,
Seko, non sei, quen queira curralo, o roio e botarlle ganas e darlle
padiante á movida.
Dios ke te Crew é un colectivo, no ke por outra parte estan
tamén os Ghamberros que non perden o seu grupo por estar
dentro, Mou por otra parte tamen ten a maketa que quere sacar, eu
tamen quero sacar o meu roio aparte... Por outro lado están
os breakers: “Playmovil Kids”, dentro do graffiti estamos
ahí os “Vandals”, “Cousas Novas”,
agora está vindo a pinchar o Eiroa e o Murdock cando pode
tamén ven de vez en cando…
É dar saida un pouco a todo o que se faga dentro do colectivo,
darnos vidilla a todos, unhes aos outros, e se nos chaman pa tocar
meter baza para ir co break, co graffiti. Cando tocamos por ahi
normalmente cando se pode veñen os breakers e veñen
os graffiterios e saltan a bailar e pintan no escenario. Montamos
o Show.
HHz: ¿E que concertos e proxectos tedes agora en
mente? Dixechesme algo dun en Ribadeo...
SOKRAM: Si, o de RIbadeo non esta confirmado ainda.
Queremos ir, o malo e que vai ser nun pabellón…. E
xa se sabe, mal sonido...
Pero nos o que temos decidido agora e meternos a grabar aquí
en Buscás, durante Novembro, Decembro e xaneiro. En realidade,
xa non ibamos tocar mais, o que pasa e que nos chamaron pra este
roio e nos molou a idea. Coñecer a xente desa zona, ke non
coñecemos a ninguén, Ribadeo, Asturias, todo por ahí,
e aparte, vai haber break, graffiti, molounos por ser unha Jam só
de hip hop e por iso keremos ir, se non pasaríamos pero xa
che digo, está por confirmar…
(ESTE CONCERTO LEVOUSE A CABO FINALMENTE E TEREDES UN ANALISE
EN BREVES)
HHz: ¿E que traballos tedes grabados, editados..?
SOKRAM: Mais ke nada o noso traballo e dar concertos.
Como 5T e Ghamberros o que mais fixemos foi tocar. Enton tamen,
o estar tocando mais a menudo que outra peña, nós
non grabamos. Sempre lle dedicamos mais tempo a tocar.
MOU: E tampouco nos faltaron oportunidades ¿non?
pero...
SOKRAM: Ou non aproveitamos nese momento porque
non queriamos e despois, pois o que estivemos facendo foi grabar
na casa.
MOU: Se movidas temos grabadas joder, pero..
SOKRAM: Nos temos o equipo e grabamos as movidas
en casa. Todas as cancions que rulan por ahi son probas feitas na
casa.. que non queriamos que se rularan. Que igual un lla deixa
a outro...¿rulan non? E si, a maioria das movidas son asi.
E igual rulan videos ou gravacións de Dios ke te Crew, de
5t ou GH en directo que nin temos nós... Non temos unha maqueta.
Agora Ghamberros van sacar a súa e imos tamén sacar
a demo de DKTC.
GARCIA: Tamen grabamos un tema(“Inxustizas”)
para o CD que se fixo contra a marea negra nun estudio de Santiago.
E en Mixtura...
SOKRAM: Si, do que hai grabado que saliu 5T tamen
saia un tema nun recopilatorio que se chamaba "Revolta Sonora"
de peña de cataluña e temas galegos.
MOU: Buff De iso fai mazo...
SOKRAM: Iso foi sobre o 98... e logo a peña
de Ordes e Cerceda de todos os estilos fixeramos un recopilatorio
en colaboracion coa asociacion Lucerna de Cerceda e sacaramos un
Cd chamado Mixtura
HHz: Toca pregunta tipica ¿cal e a vosa filosofia
dentro do hip-hop?
SOKRAM: Nos temos a movida da creacion, de ahi
ven o de dios ke te crew, de volver as orixenes. Da verdadeira idea
de onde naceu o hip-hop. O dios hip-hop creou os elementos, e EL
fixo a creacion en sete dias con una razon de ser, facer do mal
o bo, unir as cousas, unir a xente. No “ghetto chungo”,
no Bronx e por ahi naceu de iso, de que a peña se dedicara
a facer algo para evadirse. Foi a epoca das guerras de bandas, de
ahi ven, de facer algo positivo de todo isto.
GARCIA: De tantas movidas malas sacar algo bo...
SOKRAM: Esa e a nosa filosofia, nos discrepamos
moito coa movida da competición, que hay aqui en españa
polo menos. Do roio ese do YO e do alter ego dos collós.
Eu o flow mo paso polo forro. Se ti o sintes podes facelo mellor
ou peor , pero... todo e moi relativo non me digas que eres o mellor!.
A mi alguen que me esta dicindo que é a polla e que tal e
que cual esta tirando pedras no seu propio tellado, polo menos é
como o vexo eu. Alguen ke me esta dicindo ke é o mellor,
o máis probable é que non o sexa, porque alguen ke
o é non ten necesidade de decir ke o é.
Iso é o que penso...me jode bastante que a peña se
lle pire tanto a olla con iso.
GARCIA: Si, pero hay que ter coidado con iso porque
tamen hay xente que compite como na vella escola...En plan...cando
se picaban uns breakers...iso me molaba. Eu creo que iso foi malinterpretado.(
gritos de asentimiento) A parte cando chegou aqui a movida ...
SOKRAM: O que dios dixo, na intro o metemos. A
filosofia do hip-hop foi malinterpretada pola xente, enton deus
se cabreou e nos mandou como enviados a impartir a verdadeira palabra
da sua creacion.
MOU: Vamos a cepillar a todos!
SOKRAM: É o xogo que facemos...
GARCIA: E a puta parodia, e a poia, ter a mente
ocupada, sexa nas distintas expresions, sexa una expresion cultural,
o baile, a pintura, pero ¿que pasa aki? ¿cantas artes
xuntas se reunen aqui? isto e a polla, ter a mente ocupada, facer
o que che gusta facer, o que che enche... xa me poño aqui
a filosofar coa marihuana esta rica. (Risas)
E claro a parodia e isa, dios hip-hop...se non sei que facer e estou
na rua e "¡Ay que aburrimiento vamos dar un pao!"
eu que sei, ou "Puta vieja que pasa" vou facer una rima
e mo vou pasar de puta madre co joy encendido, vou curralo e é
unha saida, ten esas distintas formas de artes, podo pintar, podo
bailar, podo cantar e dicilo ke me saia do cu...
MOU:Oxala os ionkis deixaran.
GARCIA: Non a todo o mundo lle gusta o debuxo,
moita peña tira mais para ese roio, outra para a musika...enton...a
parodia e isa...Dios ke te Crew.
MOU: Maila nai que te pariu!
HHz: E por ultimo xa ¿como vedes o panorama galego?
MOU: Agora esta saindo mais a peña, pero
creo que ainda esta por esplotar, e por aqui... fanse movidas, pero
o que vexo eu é que a diferencia de outros sitios e que non
se esportan, non se moven tanto. Que hay movidas feitas, que ó
mellor pasa como en outros lados, e o mellor se escoitan moitas
cousas, pero o rular as movidas que estan feitas, eso... vexoo un
pouco mais baixo. Pero creo que esta crecendo bastante
SOKRAM: Eu creo que o hip-hop agora mesmo esta
en auxe, esta medrando que te cagas. Eu polo menos aqui en Ordes
e en Galicia vexoo...ves ós chorbitos todos rapeiros por
ahí todos loucos. Vas pola noite co coche e ó mellor
che cadra e ves a dous coa capucha e coa mochila e estan pintando
por ahí. Esta saindo máis peña, os chorbitos
estan ahí e molalles o roio...entón o que hay que
facer e esplicarlles un pouco as movidas, en ke consiste esta cultura…
HHz: Darlles un pouco unha saida...
SOKRAM: Si, porque moitas veces non teñen
nin idea e estan espostos
GARCIA: Se non, fianse solo do marketing, fixanse
nas eminencias...
KOBAS: Junior, junior!
SOKRAM: Se estamos de acordo disto , o hip-hop
está de moda, a moda esta ahi,a moda esta en todolos lados,
en calqueira momento se pode poñer algo de moda. A xente,
cando algo esta de moda, ninguén se para a pensar porque
fai o ke fai, non se para a pensar poque levan os pantacas tochos
por exemplo, e significa moitas cousas levar os pantalons grandes
e moita peña non o sabe . E iso...mola darlle vidilla os
chorbitos e axudalos a ires polo bo camiño(surxe debate sobre
o orixe dos pantacas anchos)
HHz: Pois nada tios, e agora se queredes dicir algo mais...
SOKRAM: Que de puta mai por facernola entrevista,
por facer difusion do que hai. E nada, que para febreiro contamos
que esté o noso traballo na rúa... e a xente poderá
escoitar á Dios ke te Crew.
GARCIA: Espresion libremente! Os breakers, a xente
que pinta...a falar!
(Barullo)
|